VILACHÁ DE SALVADUR - RIBEIRA SACRAEnlace BLOG Asoc. Veciños Vilachá Feira do Viño Malla Más Fotos |
Txt. José Castiñeira Defente (Josín)Vilachá, A Pobra do BrollónSan Mamede de Vilachá (ou Vilachá de Salvadur,) é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Linda coa parroquia de Liñares ó norte; con Torbeo (Ribas de Sil) ó sur; con Augasmestas e Quintá de Lor (Quiroga) polo este e, con Rozavales e Vilamarín (Monforte de Lemos) ó oeste. DemografíaContaba con 139 habitantes no ano 1991 agrupados nas aldeas de, A Eirexa, Vilachá, A Abelaira e Trasmonte, sendo a densidade media, para o mesmo ano, de 11,7 hab./Km². Na actualidade a Parroquia conta cunha poboación moito mais baixa, arredor dunhas 40 casas habitadas de maneira permanente todo o ano, e mais ou menos con duas persoas por casa. Nas tempadas de Navidade, Verao ou fechas sinaladas, vese incrementado o número de veciños, por razos de que regresa xente a pasar esas datas no pobo, especialmente durante o verao, no que se pode triplicar o número de habitantes. Patrimonio artístico
Dita nave ten a anchura que ocupan as escaleiras que soben o campanario, e presenta unha porta lateral de acceso, independiente da principal da igrexa. Conta con retablos e esculturas no interior, así como imáxenes de Cristo, A Virxen María e os Santos Patrons da Parroquia, San Marcos, San Mamed, entre outras figuras. Ten tamen unha pia bautismal tallada en pedra.
Teñen unha distinción por parte da Xunta de Galicia, que as cataloga como de interés turistico, así como unha especial protección de cara o seu mantemento e posibles restauracións a realizar. Nelas celébrase, o primeiro domingo de maio de cada ano, a Cata do Viño de Vilachá, no que se poden degustar os caldos producidos nas tres Riveiras do Cañon do rio Sil, A de Lagares, a de Val do Frade e a do Eivedo, (Ivedo). A uva cultivada é variada, tendo un protagonismo especial a denominada Mencía. As bodegas encontranse na zona chamada Avelaira, e dicen os do lugar, que o nome venlle dado por uns monxes, que o parecer, traían o viño das ribeiras a esas bodegas para facelo bon, e que viñan a vixilalo, (A velar), de donde pode vir o de Abelaira. Os monxes crese que vivian nun convento na ribeira do Val do Frade, (de ehí o nome da ribeira, Val do Frade), e que nela tiñan o convento, e nesa ribeira hai unha zona que se chama, inda a día de hoxe, “Os conventos”, sitio onde ten aparecido algunha pedra con claras características de antigas construccións de certa importancia.
Festividades
LendasComo calquera outra parroquia que se precie en Galicia, Vilachá ten as suas lendas, das que hai que destacar duas: Conta unha delas, que unha criada que servia na casa dun veciño da Airexa, ia sempre coas vacas cara a Serra da Travesa. Nesa serra habitaban os Mouros, ( nun “Campamento”, que inda hoxe existe e que resulta ser un antigo Castro Celta, en terreo xa de Monforte). Pois a tal criada, tiña costume de peinar unha moza Moura, de longos cabelos negros. Tal era o traballo que pasaba, e tan ben o facia, que un día a rapaza regaloulle un trapo, no que había algo envolto, e como única condición puxolle que non podía abrilo ata chegar a casa. A criada no puido aguantar sen saber que era o que había no pano, e o chegar onda a fonte da Airexa, a uns 300 metro da casa, abriu o pano, comprobando que estaba cheo de ouro, o que se coberteu en carbón o momento. A Moura, que a viña seguindo, emprendeuna tras dela, e se non anda tan lista, ata podería habela matado do enfadada que se puxo por romper a promesa que lle fixera na entrega do regalo. A criada nunca mais foi cas vacas pa serra e da moura nunca mais se soupo. Contra outra lenda, que na zona na que se atopa a día de hoxe o Mirador o Cañon do Sil, había unha Capela, e inda hoxe se conoce a zona como “A Capilla”. Pois o parecer, e non hai inda moitos anos, o día antes do San Marcos, a figura diste Santo faltaba sempre da igrexa. Como xa era costume, xa sabía a xente do pobo onde buscalo, e sempre o atopaban nunha pequena Capilla escondida no medio do monte na zona da Capilla, recollendo e volvendo colocar no seu sitio na igrexa, onde permanecería tranquiliño un año mais.
Destacar nesta páxina dous dos eventos que eiquí celebran, dende fai anos. Un deles é a feira do viño e outro a representación etnográfica da sega dos cereáis. Animo a que todos os que ata esta páxina cheguedes a que non deixedes pasar a oportunidade de catar os viños de esta terra, uns dos mellores de Galicia, para que asi o constatedes.
ALGUNHAS FOTOS DA MALLA POR PERUCHELA
FOTOS DE LA MALLA POR JOSIN
Foto Mirador por Peruchela 2007
|
|
||