atras            

 

          medas          Medas 1950, por Fernando Rguez. Salgado (Fotógrafo 1922-2006) 

 

www.swarovski.es

setas y castañas

vino y orujo

 

miel

 

jabon

 Txt. Peruchela

Entre as tradicións do pobo galego, caben contarse moitas e variadas. Definir nestas liñas as orixes de cada unha delas pode resultar un arduo traballo, pero non tanto, o explicalas, dun xeito sinxelo e desde un punto de vista contemporáneo.
Os nosos antepasados viviron neste mesmo lugar e tamén única e exclusivamente deste medio natural, durante decenas de séculos, isto derivou en  que se consolidasen unha serie tarefas rutineiras para a produción constante de alimentos e recursos. Esa produción de alimentos e recursos forma parte das tradicións das aldeas galegas, así como de todas as aldeas do mundo. Na vida nas cidades, téndense a esquecer e ata se descoñecen as bases fundamentais que conformaron aos primeiros pobos. Cando non existía o diñeiro, existía a terra e os froitos e materiais que dela se obtíñan e elaboraban. Agora as persoas dispostas a seguir con estes costumes van en descenso, debido, entre outras cousas, ao despoboamento rural da Galicia actual.
Esta páxina de tradicións recopila a información necesaria para cultivar e elaborar alimentos básicos que, aínda que na actualidade séguense producindo e elaborando, non na medida en que se facía fai tan só fai quince anos atrás.
Esta páxina tamén resume outras tradicións desta terra.            Galicia ten tradición de meigas, que ten que ver co caciquismo, "os caciques" e tamén cos "druidas", curandeiros celtas. A evolución dos vellos costumes é digna de estudo. Explicar como se foron herdando e modificando, estas tradicións, ao longo dos últimos anos, ata chegar á actualidade galega, é tamén obxectivo desta Web.
Á Tradición fórmana as normas transmitidas dunha a outra xeración dunha mesma cultura e o espírito ancestral das crenzas. A vixencia no presente e o acatamento de devandito conxunto denomínase tradicionalismo
.