|
|
|
M E I G A S ¡Ei, tí! Si ti, que pos esa cara de extrañeza. ¿Que tal se che conto unha historia?. E parte da historia de Galiza pero, ¿ sabes qué ? A xente non se para niso, que xente que teñen medo de sacar o ser fantásticos que teñen na alma. Voume explicar: Estouche falando do mundo das meigas, si riete... ¿Que dis?¿ Qué esas cousas son de nenos? Non tal amigo, fai non moitos anos a maxia e o poder das meigas estaba moi respetado pola xente dos pobos. Sempre tiñan nas mentes as maldicións e conxuros que podían facer elas, preguntalle aos teus avós ou a teus pais xa verás as miles de historias que teñen na manga pra deixarte parvo. A verdade é que eu non sei se es mundo máxico que as xeracións anteriores nos transmitiron son verdade, lendas ou contos, pero o que si estou segura é que non todo o que nos poñen diante dos ollos é totalmente como o vemos a simple vista.¿que sería dos galegos sen as lendas sobre da nosa historia? Espero que o espirito dos nosos antepasados celtas non se perda e sigamos crendo ou respetando as meigas, a santa compaña, os espiritos que nunca se foron e moitos outros seres lexendarios que fan tan especial a nosa fermosa terra galega. ¿Cantas historias no chan que pisas habitualmente que ti non coñeces? Cada persoa é libre de pensar o que queira pero unha cousa si che digo..... ¡ AVEILAS AILAS ! Autora = Leticia, 18 anos, xaneiro de 2008 RELATOS DE MEIGAS E OUTRAS COUSAS Autor: Raúl Morales 1) El labrego que cortejaba Meigas
|
|
|||
|
|
||||
|
|
||||