Texto, Fotos e deseño: Peruchela

VIII CONCURSO DE REPOSTERÍA CASEIRA

VI CONCURSO DE LICORES CASEIROS

Asociación de mulleres RURAIS  DE  POBRA DO BROLLON

O xurado premiou este ano as roscas e a tarta de hoxaldre, en licores o gañador din que foi o de moras  aínda que o de mazás,  o licor 44, o pacharán con cirulos da zona e outros doutras froitas que non lembro o nome, competiron por levar o premio

Este ano non houbo nin cantidade nin variedade no concurso de doces que dende fai oito anos vense celebrando na Pobra, quizais non se animou dende o Concello suficientemente as amas de casa das Parroquias. Haberá que ir pensando en como facer para que en vindeiras edicións a participación sexa maior.

Entre os asistentes o magosto que organizaron as mulleres rurais de Pobra estiveron as representantes da mesma  ademáis do alcalde e a tenente alcaldesa, D. Jose Luís Maceda Vilariño (BNG) e Dona Adoración Fernández (PSOE) respectivamente, así como D. David López Goyanes (PP) que fora alcalde da Pobra os  dous anos anteriores.

Pero en realidade, os que alí estivemos eramos máis de cen, e o magosto e unha orquestra deleitáronos ata a madrugada.

 

 

  Ofertas aventura