imagenes representativas de Galicia


 
Google

Hai en Galicia moitos colexios ruráis. Este é un máis.

O COLEXIO PÚBLICO DA POBRA DO BROLLON

C.E.I.P. DE  POBRA DO BROLLON

Nos anos setenta inaugurouse o colexio público da Pobra do Brollón para os nenos de  tódalas aldeas do concello. Antes había nas  parroquias escola e  mestre.

O colexio da Pobra conta con 12 aulas que dan cabida a máis de 30 cativos cada unha.

Ata finais dos anos 80 a media de estudiantes era de 300 nenos que ademais contaban con comedor escolar.

O recinto escolar está formado por dous edificios máis que estaban adicados a darlle acollida os mestres vidos doutros lugares de Galicia e que se quedaban durante a semana a vivir. Na actualidade está  en uso nada máis que un destes apartamentos que  alberga  a sede da APA os demáis necesitan dunha inversión en restauración para recuperar as súa funcionalidade.

O descenso da poboación, a emigración, o cambio de modelo educativo e ademais o desprazamento de nenos dende as aldeas a o centro urbán   fai que o alumnado  pase a ser de pouco máis de 40 nenos.

Estes nenos contan con instalacións polideportivas construídas nos anos oitenta, cun parque infantil no patio, aula de informática e biblioteca.

Entre as actividades que se desenvolven o longo do ano están:

Xornadas medio ambientais, de igualdade do xénero, micolóxicas onde se sae o entorno para a recolleita e exposición de cogomelos, magosto, festival de Nadal,  Entroido con compadres e comadres, semana das letras galegas con romaría popular , exposicións , festa de fin de curso, e outras conmemoracións.

Outras participacións do colexio: Innovación lingüística e programa Valora.

OBRADOIROS DE TEATRO ,MUSICA E PLÁSTICA

Outras actividades

Elaboración da revista OUTEIRO que xa leva mais de 20 anos.

Competicións deportivas internas,  concursos didácticos, conferencias e charlas, actividades organizadas pola APA e en colaboración coa consellería de cultura do concello e  plan de dinamización de lectura.detalle do cierre do colexio

O pertencer este colexio a zona de montaña o comedor escolar e o transporte son gratuítos.

[photogallery/photo00028145/real.htm]

PÁXINA ELABORADA POR ROCIO RGUEZ,  (ALUMNA DO COLEXIO  1978 -1987)

Dende esta páxina animo a todos aqueles compañeiros de escola que se foron a vivir a outro lugar  e que teñen fillos  a voltares a vivir eiquí  xa que a calidade de vida dos seus fillos seguro que se ve mellorada así como a súa propia. Tamén animo a outras parellas que viven en grandes cidades e que  non están contentas  a que se veñan a vivir a Galicia en concreto o noso concello da Pobra do Brollón onde hai moitisimas casas en venda por poucos cartos e onde o traballo pódese xerar.

 

A    POBRA  D O       B R O L L Ó N 

"TIERRA DE MONTES Y ANTESALA DE O COUREL. CAMINOS CARRETEROS PROCEDENTES DE LAS EXPLOTACIONES MINERAS QUE CONDUCÍAN A LAS HERRERÍAS DE LA COMARCA. CAMINOS QUE CRUZAN LOS PROFUNDOS VALLES, FRONDOSOS BOSQUES Y MULTITUD DE ARROYOS. CAMINOS QUE PERMITEN DESCUBRIR HERMOSAS ALDEAS QUE AÚN CONSERVAN SU ALTO VALOR ETNOGRÁFICO Y EL ABUNDANTE PATRIMONIO MEGALÍTICO, CASTREÑO Y MINERO-ROMANO".

                                           Fuente: Camiños do Courel

 

 

  Ofertas aventura


Correo ] Mimi ] Acerca de esta Web ] Contacto ]