imagenes representativas de Galicia


o

libroLibro de visitas

ideas Blog

inundaciones e incendios

 

 

recomiendanos

 

 

 

FONDO ESPAÑA

O TEMPO

 
 

Google

O ENTROIDO

Peruchela, 11/02/2008 

  

MINIALBUM COMPADRES          MINIALBUM DESFILES         MINIALBUM  OSO

 

 

 Este ano non é como os demáis, primeiro é que é bisexto e de seguido son as olimpiadas mundiáis.            

   O entroido é máis cedo que de costume e as Pascuas caen tan tan baixas  que se saen do refraneiro e non son en abril.  Unha situación semellante so acontece  cada vinteoito anos.

O 30 de xaneiro foi o día mundial da paz, un ano máis unha utopía xa que a inmensa maioria dos habitantes do  planeta non saben cal é tan afamado día e outra gran maioria nin sequera sabe que hai un día mundial da paz.

O día dous de febreiro foron as candelas e o tres San Brais. Os cristiáns máis devotos levaron velas e roscas a bendicir, quizáis as velas eran benditas antes porque alumaban na oscuridade a falta de electricidade, agora debe de selo por si ésta falla. As roscas son para a gorxa, xa que din que comelas  benditas ese día coidan dela para o resto do ano.

En moitos lugares da Terriña houbo compadres e comadres, disfrazados e festas.

A actividade laboral reducíuse a servicios mínimos e quenes cubriron postos fixeron carantoñas. Todo estes grandes festexos chegaron o seu fin no popular enterro da sardiña