A Concellería de Xuventude de Lugo ven organizando dende fai uns anos a festa romana da cidade, co obxetivo de conmemorar a súa fundación entre os anos 14 e 13 a.c. O Triángulo clave da Gallecia, consolidouse ao fundar as cidades de Bracara Augusta, Asturica Augusta e Lucus Augusti, logo de que o emperador romano Augusto conseguira conquistar todo o territorio galaico.
ARDE LUCUS recolle en esencia a romanización galega onde a cultura do imperio convivía coas tradicións indíxenas. Xira o redor de Roma e destacan ofrendas ao dios celta LUGH, deidade da luz, e que se relaciona co toponimo da cidade de LUGO.
A festa comeza o venres con varios concertos pero a xornada cumbre é o sábado. As rúas da zona antiga convírtense nun porta aberta a idade antiga. En cada praza da cidade os visitantes encontran espectáculos romanos, carreiras de cuadrigas, loitas de gladiadores e outros xogos da cultura latina. No SHOW de ROMA, hai equilibristas, malabaristas e unha impresionantes pirotécnias. Ente tanta temática historica tamén encotramos un mercado da época, e postos con venta de escravos.
A noitiña na praza STO. DOMINGO, PANEM E CIRCENSES, un banquete digno dos césares. O Menú, crema con productos da horta, PANIS DE PICENO o dito doutro xeito, pan centeo untado con allo, tamén PANIS SECUNDARIUS que traducizo é pan branco untado con mel. Polo ou porco asado e de postre froitas, todo elo que acompañaran os comensáis cun delicioso viño da terra.
Tra-la cena celébrase o acto de irmandade dos pobos do limicorum . A este acto acuden unha lexión de veciños de Xinzo, engalanados coas súas roupaxes romanas, así como tamén outros representates doutras festas romanas de ESPAÑA, como a de CARTAXENA.
OUTROS DATOS INTERESANTES:
No museo diocesano pódense ver restos do paleolítico, neolítico, escultura paleocristiana, pezas goticas, arte sacro, numismática i epigrafía.
No museo provincial de LUGO, no convento de SAN FRANCISCO, quedan tamén mostras das distintas épocas históricas dende a prehistoria ata hoxe, restod de escultura, orfebrería, cerámica e mosáicos románs.
O atractivo monumental da cidade a máis da época romana tamén está na arquitectura relixiosa. A Catedral de LUGO, de base gótica con testemuñas barrocas e neoclásicas. O Claustro Medieval do convento de SAN FRANCISCO e en arquitectura civil destaca o edificio do CONCELLO, de estilo Barroco coa súa peculiar torre do reloxo.
A riqueza gastronómica de Lugo é recoñecida polo resto de provincias españolas e é o exemplo da mellor cociña tradicional galega. No San FROILAN o pulpo a feira é un ritual sagrado con que cumpre ano tras ano. E PARA COMER LUGO
Fuente: Xunta de Galicia (Publicacións do 2004)