| |
Esta Web froito do tempo que a súa autora lle adicou dende o seu regreso
a Galicia no ano 2004.
O meu nome é Mª do Rocio, nacida e criada no medio rural, emigrei con tan só dezaseis anos á cidade, e é ao cabo de catorce anos, cando ao voltar,
naceu en min a inquietude de amosar a fermosura destas terras e de mostrar públicamente
a miña orixinal comunidade galega, por haberme feito sentir
orgullosa dela, do benestar actual de seguridade que se vive, das súas
tradicións, costumes e do seu xentilicio.
Nos comezos quixen plasmar nunhas follas digitáis información actual
sobre a vida nas aldeas ruráis galegas, así como algo da súa historia,
das súas lendas e das tradicións chegadas ata os nosos días. Dende un
principio o obxectivo de incluír as tradicións galegas estivo presente e
así aos poucos, nos intres libres fun creando e engadindo novos contidos
. A matanza, a horta galega, as setas e as castañas, o mel do castro, o
viño e a augardente , o carnaval galego, as meigas, a elaboración artesanal do
xabón, o pan galego, a sega dos cereáis, todos eles son contidos
actuáis da Web ou aínda en proxecto de elaboración.
Aínda que a idea primitiva desta páxina dedicaba unha sección aos
animáis domésticos e outra ás profesións dos aldeanos, deime conta do
campo tan amplo que abarcaría e tiven que aprazar esas seccións. As
tradicionáis profesións ruráis desapareceron. Na actualidade non hai
modistas, nin ferreiros, non existen zapateiros, carpinteiros ou barbeiros
nin sequera curandeiros. Os profesionáis destes sectores concentráronse
nos núcleos poboados máis importantes deixando abandoadas as aldeas destes servizos na medida en que os medios para desprazarse aumentaban;
así nos anos oitenta fóronse xubilando e abandoado a profesión os
últimos representantes das profesións das aldeas. Neste momento as
únicas profesións relacionadas co medio rural son as de ganaderos,
viticultores, granxeiros e agricultores que se manteñen por ser elementos
da cadea que garanten a supervivencia.
Con respecto aos animáis domésticos o cambio foi tamén brutal nos
últimos 50 anos, pero aínda existe un mundo paralelo ao dos humanos.
Canes e gatos andan soltos e son os amos nas noites, facendo á vez de
vigías e avisando cos seus sons de presenzas indeseadas ou estranas. A
estes seres tamén se lle merece dedicar un espazo e nun futuro estará
incluído nesta Web.
Co título de aldeas galegas quixen unificar as ideas que se atopaban
dispersas en bocetos online publicados desde o ano 2004 e que recibiron
máis de 45000 mil visitantes anuáis de xentes de todos os lugares do
planeta.
Visitar aldeas, fotografalas, expor as súas fermosas paisaxes. Acudir
a eventos que se veñen celebrando cotidianamente, deixar constancia
escrita e fotográfica deles para mostrarlles aos visitantes desta Web
algúns dos momentos de lecer ou "pasatempos" dos habitantes do pobo galego, foi outro obxectivo para min e continuarao sendo mentres se me
permita. Usar este medio de comunicación para facilitarlles respostas a
todos aquelas persoas relacionadas con Galicia, emigrados, os seus
fillos, netos, bisnietos....que globalmente usan buscadores para
intentar atoparlle unha resposta a unha pregunta sobre as súas orixes.
En fin, non me extendo máis. Só dicir que a calquera que queira
colaborar comigo, que desexe que a súa aldea figure en está páxina, cun
pequeno resumo e unhas cantas fotos, pode enviarmo persoalmente . Moitísimo gusto e agradecendo a colaboración, ireino engadindo e aos
poucos crearase unha pequena base de datos de aldeas galegas que estará
dispoñible para os que as busquen. A min éme imposible engadilas todas,
nin sequera consigo abarcar as que teño ao meu inmediato redor. Non
vivo diso, co cal o tempo que teño para dedicarlle a estes menesteres é
escaso.
- ¡ Grazas !!! Pola atención recibida.
Mª del Rocío Rguez López
" Peruchela"
|