1. Sobre desta Web
 

A música que escoitas de fondo na páxina principal  pentence ao grupo galego Fia na Roca e o seu título é "Ou Sube a Terra ou Baixa o Ceo" .

Esta Web é froito do tempo que a súa autora lle adica  dende o ano  2004; as súas  páxinas teñen  un alto valor antropológico, xa que,  conteñen   fotografías e  textos que amosan a realidade humana actual das aldeas  as que vou facendo mención, aspectos biolóxicos  e sociáis.

Uso o  seudónimo de "Peruchela", aínda que me chaman Rocío. Son a última  nacida na miña aldea, despois de min,  xa naceron no ambulatorio. Criada no medio rural, fun  ensinada a facelas tarefas cotidiáns daquel entón,  fináis do anos setenta e principios dos oitenta, muxir  vacas, voltear a herba, ou sachalo millo e as patacas a man.

Con  dezáseis anos marcheime  á cidade e é ao cabo de catorce anos cando decidin  voltar, e seguir traballando e  axudando ao  desenrolo e continuidade da vida nas  aldeas galegas, da agricultura, gandería, pesca, destes e outros oficios.

Nos comezos quixen plasmar nunhas follas digitáis información actual sobre a vida nas aldeas ruráis  galegas, así como algo da súa historia,  das súas lendas e das tradicións chegadas ata os nosos días. Desde un principio o obxectivo de incluír as tradicións galegas estivo presente e así aos poucos, nos intres libres,  fun e sigo  creando,  e engadindo novos contidos . A matanza, a horta galega as setas e as castañas, o mel do castro, o viño e o augardente, o "carnaval galego" ENTROIDO, as meigas, a elaboración artesanal do xabón, o pan galego, a sega dos cereais, todos eles son contidos actuáis da Web ou aínda en proxecto de elaboración.

Aínda que a idea primitiva desta páxina dedicaba unha sección aos animáis domésticos e outra ás profesións nas aldeas, deime conta do campo tan amplo que abarcaría e tiven que aprazar esas seccións. As tradicionáis  profesións ruráis desapareceron. Na actualidade non hai modistas, nin ferreiros, non existen zapateiros, carpinteros ou barbeiros e  nin sequera curandeiros. Os profesionáis destes sectores concentráronse nos núcleos poboados máis importantes deixando abandoadas as aldeas destes servizos na medida en que os medios para desprazarse aumentaban; así nos anos oitenta fóronse xubilando e abandonado a profesión os últimos representantes das profesións das aldeas. Neste momento as únicas profesións relacionadas co medio rural son as de ganaderos, viticultores, granxeiros e agricultores que se manteñen por ser elementos da cadea que garanten a supervivencia.

Con respecto aos animáis domésticos o cambio foi tamén brutal nos últimos 50 anos, pero aínda existe un mundo paralelo ao dos humanos. Canes e gatos andan soltos e son os amos nas noites, facendo á vez de vixías e avisando cos seus sons de presenzas indeseadas ou estranas. A estes seres tamén se lle merece dedicar un espazo e nun futuro estará incluído nesta Web.

Co título de aldeas galegas quixen unificar as ideas que se atopaban dispersas en bocetos online publicados por min dende o ano 2004 e que recibiran máis de 45000 mil visitantes de xentes de todos os lugares do planeta. A fináis de febreiro aldeasgallegas.com  cumple tres anos como tal na rede,   recibindo 100.000 visitantes no último ano.


Visitar aldeas, fotografalas, expoñer as súas fermosas paisaxes. Acudir a eventos que se veñen celebrando cotidianamente, deixar constancia escrita e fotográfica deles para mostrarlles aos visitantes desta Web algúns dos momentos de lecer ou "pasatempos" dos habitantes do pobo galego, foi outro obxectivo para min e continuarao sendo mentres se me permita. Usar este medio de comunicación para facilitarlles respostas a todos aquelas persoas relacionadas con Galicia, emigrados, os seus fillos, netos, bisnietos que globalmente usan buscadores para intentar atoparlle unha resposta a unha pregunta sobre as súas orixes.

En fin, non me estendo máis. Só dicir que a calquera que queira colaborar comigo, que desexe que a súa aldea figure en está páxina, cun pequeno resumo e unhas cantas fotos, pode enviarmo persoalmente  e agradecendo a colaboración, ireino engadindo aos  poucos, A min soa  é-me imposible engadilas todas, nin sequera consigo abarcar as que teño ao meu inmediato  redor.  Non vivo disto, co cal o tempo que teño para dedicarlle a estes menesteres é escaso.


- ¡ Grazas !!! Pola atención recibida.  Contacto    "Peruchela"