|
|
![]() |
Fotos, Texto e Deseño: Peruchela
|
||||||||||||
|
|
PORTOMARIN No interior de Galicia O val do río Miño cruza de norte a sur por este municipio da provincia de Lugo. Son numerosos os castros os que separan estas augas das do río Ulla. Eiquí os romanos construiron no século II unha ponte para cruzalo Miño de ehí o nome da vila, e de ehí tamén a tradición de cruzar por eiquí para ir a Santiago. Pra continuar coa historia, mencionar que esta antiga ponte romana foi destruída por orde da raiña de Castela Dña Urraca no ano 1112 d.c. coa intención de frear o paso das tropas de "Alfonso O Batallador", seu home. No 1120 d.c. Pedro Peregrino reconstruiuno por orde da mesma raiña que o mandara destruir. Seis anos despois este mesmo Pedro Peregrino construiu un Hospital adicado a atención dos peregrinos, que duraría ata o ano 1944, confiado a Orde de Santiago e logo a Encomenda de San Xoán que era ademáis a encargada do ponte e do camiño de Santiago. Centos de lendas galegas naceron nestas terras. Cuna de Ilduara, mai de San Rosendo; albergue dos famosos Cabaleiros da Encomenda, que levaban o habito de monxes debaixo da coraza de soldados; e as dos viños e augardentes nesta terra producidos, que os fixeron famosos milleiros de peregrinos que o pasar por eiqui mollaban neles o pan. Unhas terras salpicadas de nucleos poboacionais con un gran patrimonio de igrexas románicas dignas de ollar, tales como a de Gonzar, Castromaior, ou Cortapezas, e a máis coñecida a do concello, chamada de San Nicolao e tamén de San Xoan, do seculo II declarada monumento nacional español no ano 1931. Poucos anos despois foi transportada pedra a pedra dende o seu enclave orixinal, onde agora dende fai mais de 40 anos está o embalse de Belesar, ata a súa ubicación actual. Cando o 10 de setembro do ano 1963, morría engullido polas augas o histórico Portomarín nacía de novo no monte chamado do Cristo. Veu persoalmente F. Franco co presidente de Fenosa e o gobernador civil de Lugo e outras autoridades daquel entón, a súa Inauguración e a do Embalse de Belesar, obra de inxenieria punteira en Europa, cunha cola de 54 km, anegou mais de 1820 hectareas repartidas entre os municipios de Chantada, Guntín, Paradela, Paramo, Saviñao, Taboada e Portomarin Todo por a preciada electricidade, e para beneficio doutros, dos de sempre, os dos negocios, e o progreso a excusa. As súas xentes tiveron que, a forza, deixar a terra de sempre, dos seus antepasados, os cemiterios, viñedos, hortas, terras de labradío, casas e todos tódolos seus recordos, creando unha gran traxedia nas súas vidas, que ainda hoxe ao baixar o nivel das augas os máis maiores reviven. En Portomarín reconstruironse dous dos barrios que o formaban, San Pedro e san Xoan, unidos por unha ponte que só se ve cando baixa o nivel da auga do embalse. A igrexa de San Pedro do século X e os pazos de Paredes e Berbetoros. |
|
RUTASGASTRONOMIA
Parroquias de Portomarin:
Bagude
(San Bartolomeu)
Caborrecelle (San Xulián) O Castro de Soengas (San Martiño) Castromaior (Santa María) Cortapezas (Santa María) Fiz de Rozas (San Lourenzo) Gonzar (Santa María) León (San Martiño) Narón (Santa María) Nespereira (San Cibrao) Portomarín (San Nicolao) Portomarín (San Pedro) Recelle (San Pedro) Sabadelle (San Salvador) San Mamede de Belaz (San Mamede) San Mamede do Río (San Mamede) Soengas (Santiago) Vedro (San Martiño) Vilarbasín (San Pedro) Vilaxuste (San Pedro)
Vilaproi, (San Martiño) |
||||||||||
|
|
|||||||||||||
|
DOCUMENTACIÓN: http://www.galeon.com/paira/portomarin3.htm http://www.xacobeoamilpies.com/Portomarin.html http://www.estupueblo.es/2009/10/portomarin-puertomarin.html Otras Fuentes: nombrar a Google como fuentes de información complementaria.
|
|||||||||||||