imagenes representativas de Galicia

Txt. Deseño e Fotografía: Peruchela

FEIRA DE RUBIAN  - 14 DE XULLO

 

   Malla Tradicional Concerto na capela  Baile tradicional

Artesanos 2008 OUTRORA 2011  Outrora 2012 Outrora 2013 Outrora 2014

 

    O 14 e 29 de cada mes é feira en RUBIÁN, e aínda que non hai    gando, dende fai sobre tres décadas,  a feira mantense e evoluciona  loitando por sobrevivir.

    Os postos ambulantes de roupa, rexentados na maioría dos casos por  xentes de raza xitana ou marroquí, instálanse sen falla día a día de feira cós postos de ferramentas, pan, queixos, bacallaus, froitas e verduras. Tampouco falta endexamais a este encontro unha figura moi significativa para varias xeracións das xentiñas desta terras. Ben sexa con plantiñas para o horto ou mesmo con produtos del á Túnica acude tan puntualmente como as pulpeiras.

    A traxectoria desta  familia e de moi boa reputación. Aínda lembran os maiores  cando a súa nai e unha irmá desta, xa feirantes alá polos sesenta foran vítimas do accidente de autobús que caera ao embalse de Belesar  vindo dunha feira. Ésta flotando sobre a caixa onde gardaba os cartiños das ventas pedía auxilio  pero non  conseguiu sobrevivir xa que non a puideron rescatala a tempo.

    Outrora no mes de xullo,  homenaxea a feira do 14, dado a  importancia que tivo na contorna  para todos aqueles que levaban a vender ou ían a mercar segundo a necesidade.

    Pese a caer pola semana foron moitos os veciños da vila e redores que se acercaron ata Rubián a desfrutar dun ou outro momento da xornada.

    Ás dez e media da mañá foi a apertura oficial das exposicións da XIII feira tradicional Outrora comezando ao mesmo tempo as representacións dos oficios tradicionais para o público asistente.

    Este ano houbo varias novidades tales como a participación na feira das mulleres da Asociación de Fiandeiras Bolboreta e mesmo unha exhibición de bicicletas antigas.

As demostracións artesanais atraen a un gran número de público, profesións e actividades que parecen ser feitas exclusivamente para as feiras sendo esta a única maneira de que continúen existindo.

A materia prima fundamental para a elaboración de tecidos dende tempos primitivos despois da cestería é o Liño remontándose este arte a Idade da Pedra. Na época castrexa era cultivado e  da fama da súa calidade  os romanos deixaron moitos escritos narrando o labrado, maceración, cora e mazadoiro  na pedra onde se golpeaba con grosos martelos de madeira,  asi como o paso por dentes de ferro.. o ripanzo có que se lle sacaba a  parte máis próxima a casca que se usaba como mecha corrente las lámpadas ordinarias.

O liño estivo tan presente na nosa cultura durante tantos séculos que houbo unha profusión de topónimos facendo referencia a lugares. Liñares, Liñarede, Liñar.. Liñaran..Liñaza.. Liñariños, Liñarigo, Liñarede....

En todos os lares campesiños había un tear para favorecer á facenda doméstica ..mantas, colchas, lenzos de cama, tapetes, mantelos, saias medias, toallas.. nestas feiras locais consolidábase  a trasacción pormenorizada de fibras, fíos e tecidos tamén para o  cambio por outras previsións forzosas.

Có século XVIII remata o esplendor do Liño e có comezo do capitalismo industrialista en España determinase o inicio do seu fin, pasando dun cultivo noso a unha intensa importación  barata.

Nas aldeas deiqui do sur lucense fai oitenta anos que aínda quedaba algunha leira e algún tear. Dende entón non se voltou a sementar máis que para usar en demostracións de oficios nesta e noutras feiras que como Outrora queren manter vivo o espírito dos nosos ancestros, homenaxear ós seus traballos e a súa maneira de facer as cousas.. as nosas cousas,  que xa non son pero foron ..e delas vimos.

   

 

 

    Como cada ano para os nenos houbo obradoiros artesanais, tiro con arco  e festa da espuma; este ano tamén disfrutraron da maxia da man do "Mago Carlos".

    As oito e media do serán comezou a representación da malla tradicional na que volveron participar un ano máis experimentados veciños e membros da corporación Municipal .

   Mentres na capela do Ecce Huomo houbo actuación da Coral de Renfe quen amenizou a ultima hora do serán coas suas interpretacións.

  Feito o palleiro e o gran no saqueto pronto se fixo o isco a o espeto,  mentres a xove agrupación folclórica de Ribas de Sil "O Remansiño" amenizaba  a ceniña de todolos presentes participantes.

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

 

 Asociación de Fiandeiras Bolboreta

 

LISTA DE REPRODUCCION DE MOMENTOS DA FEIRA 2015

Nota :

Se alguén aparece nalguha das fotos e a quere pode solicitarma a traves deste enlace

Fonte : O Liño de Xosé Manuel Gil de Bernabé

Coa colaboración do concello de Bóveda.

   Malla Tradicional Concerto na capela  Baile tradicional

Artesanos 2008 OUTRORA 2011  Outrora 2012 Outrora 2013 Outrora 2014

 

icono aldeas galegas

     

 

BLOG

 

CARTEL OFICIAL DA FEIRA XIII

 

Pulpeira na Feira de Rubián 14/07/2015

isco no guizo OUTRORA 2015

PRIMEIRA EXPOSICION DE BICICLETAS

primeira exposición  de bicicletas antiguas RUBIAN - BOVEDA  2015

coral de Renfe MOnforte de Lemos

 

Recomendalle esta páxina aos teus amigos

ç


Acerca da autora

Fe de erratas

 Blog

Contacto  

© Peruchela 2005-2015. Se permite el uso no lucrativo de los materiales de esta Web citando su origen.