imagenes representativas de Galicia

 

Txt. Deseño e Fotografía: Peruchela      JAPONESINDI CHINO LATIN INGLES GRIEGO ARABE

FEIRA DE RUBIAN  - 14 DE XULLO

   Malla Tradicional Concierto na capela  Baile tradicional

Artesanos 2008 OUTRORA 2011  Outrora 2012

 Cando se invita a alguén a vir a Rubián á feira do 14 de xullo, estáselle convidando a coñecer ou rememorar tradicións que forman parte da esenza rural galega; costumes que tiñan  lugar nun pasado non tan lonxano e que pasaron de ser unha básica necesidade a ser  unha  gran oferta lúdico gastronómica fusionada perfectamente có mercantil.

Aos postos  de elementos propios de calquer outra feira do día 14 de mes  súmanselle numerosos tenderetes de artesáns dos redores convertíndo "Outrora" nun  colorista mercado rural onde se entrelazan as cores do coiro, da pedra e do barros coas da lá, da mel, do chocolate, dos licores ata cós vivaces das hortalizas de temporada que ata eiquí os máis emprendedores fan chegar.

O arume los lavandas floridos, có dos panes e doces complementanse có son das gaitas  mentres os asistentes escollen para mercar entre botas de viño, madroñas ou zocas de bidueiro, cesteria,  oleria e un sin fin de obxectos artesanais. Outrora as formas e modos de relacionarse no pasado poñense maxicamente en practica, algún xuglar contando novas pola feira, algún afiador, algunha adiviña, mentras o regateo dos visitantes culmina cun que outro apretón de máns polo exito das transaccions.

De menú pulpo ou churrasco con viño da Ribeira Sacra e café cunha chisca de augardente;  ao rematar, como en  "Outrora" cando era feira e os nenos non tiñan escola os postos permanecen abertos ata o atardecer. Os cativos perdense entre xogos de tradición e unha gran festa de espuma, mentres os maiores acuden a  capela do Ecce Huomo a escoitar música en directo.

As oito da tarde os máis veteranos rememoran a malla tradicional convertíndo  unha meda en palleiro. Ao rematar lembran  cun isco   nun guizo as merenda-ceas   que no rural se facían daquela.

A xornada fina  como "Outrora" no días de feira o paseo coas mozas remata no salón de baile acondicionado pra ocasión onde ao son dos pasodobres anímanse a bailar nolstalxicas parellas ou novas e preguntantes xeracións.

 

 

  ACERCA DO AUTOR  -  CONTACTO      ®Peruchela 2008- 2013  FE DE ERRATAS